<<-- PR-G 119 Ruta do Xabriña <<Covelo, Pontevedra>> 17Km, Amparo, Diego, Yeyi e xabier (13/06/10) (Preme F11)
Ruta moi interesante, por un lado polo gran valor natural que forma o precioso percorrido do Río Xabriña cunha vexetación de ribeira e as súas pequenas pero tupidas fragas; pero ademais ten unha extraordinaria riqueza etnográfica e cultural xa que e todo o percorrido atopamos elementos de gran valor e bo estado de conservación como muíños, lagares de cera, pontes, fontes, petos así como camiños vellos que amosan a antiga riqueza da zona. (Yeyi) .