Ruta moi doada, que transita por pistas e camiños, agás un anaco á saída de Vis e á baixada a Ponte Dobra, onde os carreiros están máis pechados pero claros para seguir. Segue o trazado do GR 201 "Senda del Arcediano" ata o cruce coa carretera N-625, dende alí hai que seguir unha senda pola marxe esquerda do río Sella que nos leva ata Cangas de Onís. Impresionantes as vistas da "Garganta de la Hoya de San Vicente". (Yeyi)