1.- Carreiros de Gran Percorrido. ( máis de50 Km)
Denomínanse coas letras GR e un
número. A normativa aplicable é a da FEDME,
salvo no concernente ás derivacións.
Os Carreiros galegos GR poderán ter variantes que serán marcadas
coas mesmas características cós GR.
Sen embargo, as derivacións serán marcadas cos mesmos criterios
de discreción, eficacia e limpeza pero utilizarán as marcas que
a FGM designa para as derivacións destes Carreiros.
2.- Carreiros de Pequeno Percorrido galegos.
( de 10 a 50Km)
Denomínanse coas letras PR-G
e un número. A normativa aplicable é a da FEDME, salvo no concernente
ás derivacións.
Os Carreiros galegos PR-G poderán ter variantes que serán marcadas
coas mesmas características cós PR-G.
Sen embargo, as derivacións serán marcadas cos mesmos criterios
de discreción, eficacia e limpeza pero utilizarán as marcas que
a FGM designa para as derivacións destes Carreiros.
3.- Carreiros Locais. ( ata 10Km)
Respecto a este tipo de Carreiros, polas características propias do territorio galego e por mantemento homoxéneo de criterios cos Carreiros xa realizados e homologados, non parece conveniente a súa implantación. Manual de Carreiros da Federación Galega de Montañismo
4.- Variantes e derivacións.
As variantes son Carreiros que parten e conflúen nun mesmo sendeiro en dous puntos diferentes. As variantes serán marcadas coma o propio sendeiro do que parten e denominadas por números correlativos.
Sinais sobre o terreo. (JPG)
Tamén son denominados como sinais horizontais por afinidade coa nomenclatura dos sinais automobilísticos. Son os sinais para os soportes naturais ou artificiais existentes no percorrido.
Significado |
G. R. |
P. R.- G |
Sinal |
Marcas de continuidade: Bo camiño, dirección a seguir. |
Consiste en dous trazos pintados horizontalmente de 5 cm de largo cada un por 15 de lonxitude. A franxa superior é branca e a inferior vermella (GR) ou amarela (PR-G). | ||
Marcas de derivacións |
Os sinais terán, por riba, en diagonal de arriba á dereita ata abaixo á esquerda unha barra ou liña de cor branca. | ||
Marcas de dirección equivocada | Símbolo X. O trazo branco será continuo e estará pintado de arriba á dereita ata abaixo á esquerda. O outro trazo, interrompido polo branco, terá a cor que lle corresponda ó sendeiro. |
||
Marcas de cambio de dirección | Son dous trazos paralelos que simulan o cambio de dirección. Sempre o exterior (ou envolvente) será de cor branca. |
||
Marcas de cambio brusco De dirección |
Quedan totalmente desbotados os sinais antigos con dobre liña de confirmación e unha de xiro.A súa composición actual é idéntica os sinais de continuidade engadindo un ángulo recto por baixo, na dirección do xiro. A ser posible non serán moi utilizados, sendo máis axeitados os de cambio de dirección indicados no punto anterior. | ||
Marcas de identificación do sendeiro ou baliza. |
A súa forma é dun cadrado de 15 centímetros de lado. O seu fondo terá a cor do sendeiro e sen ningunha orla. Este fondo, no caso das derivacións terán unha barra branca en diagonal dende arriba á dereita ata abaixo á esquerda. | ||
Sinais sobre postes | Son elementos que se chantan no solo. En xeral son baixos, e poden ser de diferentes materiais e formas, sendo preferibles os materiais naturais (por exemplo madeira) e de seccións cadradas ouredondas. Levarán pintadas as cores do sendeiro. | ||
Frechas | Xeralmente estes elementos estarán situados nun poste de altura próxima ou superior ós 2 metros sobre o chan. Son elementos planos cun extremo recto e outro en forma de frecha. Indicarán os elementos do sendeiro, as rutas correctas, as variantes, etc. |
Textos Do MANUAL DE CARREIROS DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO