<<-- Carreiro Alto do Couto, devesa da Rogueira, Píapaxaro, Seoane <<Caurel>> Yeyi e xabier 31Km (02/05/08).
Non se lle pode pedir máis a unha rota de senderismo, atravesar a Devesa de Rogueira (cunha variedade de especies que só se as ves podes facerte idea), beber auga das súas fontes, atravesar os seus regatos, é coma se atoparas a Galiza da que falan os libros antigos, a Galiza dos mil "verdes" . Por outra banda subir o Piapaxaro (máis doado do que pode parecer polos seus 1.606 metros de altura) permite ter a sensación de ollar toda esa Galiza simplemente xirando os pés.