Circular das pasarelas do río Mao: Partindo do Albergue da Fábrica da Luz empeza a ruta polas pasarelas de madeira do río Mao, ao rematalas séguese ata o Barxacova, despois unha pista nos leva ata a unión entre os ríos Mao e Sil. Dende o Pombar cóllese un sendeiro para voltar ao Albergue.