O “camiño do silencio” parte de Peñalva de Santiago, pero
dado que nós xa fixeramos o tramo que o une con Montes de Valdueza, empezamos
neste pobo, ao lado das ruinas do monasterio. A ruta percorre os Montes Aquilanos
ata chegar ás Médulas. Resulta doado de facer, trascorre por camiños anchos e
ben definidos, só hai que salientar a subida do principio. Polo demais todo na
súa paisaxe merece ser reseñado: as curiosa formacións montañosas chamadas “os
doce apóstoles”, os afloramentos calizos das Peñas de Ferradillo e por último
a visión das Médulas que, con só un pequeno desvio ata o Mirador de Orellan, podemos
ter unha magnifica visión dende arriba: merece a pena. (Yeyi)