O “Camiño do ouro” parte do pobo de Médulas por camiños
onde podemos atopar os restos das explotacións antigas dos romanos: depósitos,
canles e o propio Lago de Carucedo formado polo taponamento do val a causa dos
restos da mina (por desgracia, máis adiante, tamén temos a visión da canteira
actual) cruzamos a estrada nacional e seguimos camiño ata atoparnos co río Selmo
que nos levará ata Sobrado. Da vexetación hai salientar os antigos e extensos
soutos polos que pasamos, e a cantidade de érbedos, nesta época cos seus froitos
maduros, que acompañaron o noso camiño. (Yeyi)