<<-- Laxe - Coens - Dombate - Borneiro - Laxe << Laxe - Cabana >> 27Km, Yeyi e Xabier (21/03/09)
Nesta ocasión a rota percorre o interior do Concello de Laxe, por camiños de monte sen moito interese en si mesmos pero que permiten chegar a miradoiros onde contemplamos toda a costa con Traba e a súa lagoa a vista de paxaro (por certo, tamén a inmensa cantidade de aeroxeneradores que enchen os montes da Costa da Morte). O camiño complétase achegándonos ata o Concello de Cabana para coñecer o Dolmen de Dombate e o castro Cidá de Borneiro. (Yeyi)