<<--GR-14 Saucelle - Aldeadavila <Salamanca> 32 Km, Yeyi e Xabier (06/03/11) (Preme F11)
Tramo algo longo, pero que como non presenta ningunha dificultade faise axiña. Aquí atopamos, por 1º vez, a nosa sinalización de GR14 reconvertido en Camino Natural, o que supón que o percorrido está moi coidado e moi ben sinalizado (incluso en exceso... hai un sinal marcando cada km). O 1º tramo une Saucelle con Vilvestre por un bonito e antigo camiño empedrado. Dende alí ata Mieza o percorrido transcorre por unha pista de uso agrícola entre fincas. O seguinte tramo de Mieza ao poboado de Aldeadávila é un dos máis bonito e espectaculares do GR, xa que descende rapidamente por un empinado sendeiro ata o río Douro, o que nos permite introducirnos, literalmente, en Las Arribes e contemplar a súa abrupta paisaxe. A subida ata Aldeadávila de la Ribera segue polo antigo camiño que unía o pobo co salto tamén en pendente pero máis suave e con varios miradores para ir contemplando o río mentres subimos. (Yeyi)