Ruta longa pero doada que percorre a marxe dereita do río miño, subindo dende Os Peares ata A Peroxa e despois percorrendo o camiño do río ata voltar a Os Peares, aproveitando as marcas brancas e vermellas do Camiño da Ribeira Sacra (nunca aparece a denominación de GR nin ten numeración). A pena é que moitos dos antigos camilos están abandonados e non queda máis remedio que facer tramos de asfalto, de caqueira maneira merece a pena polas fragas e soutos que atravesa. (Yeyi)