Bonita ruta circular que parte dende Os Peares aproveitando antigos camiños que atravesan frondodas e variadas fragas e extensos soutos, pasando polas “Mámoas da Moura ou das Cabanas”, dende alí e por un fermosísimo e pendente camiño ata o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Xa dende o Mosteiro empregamos outro bonito camiño, acondicionado como “Camiño Natural” que nos fai baixar ata o río Sil. A pena que dende alí o GR-56 Transourensan emprege a estrada para percorrer o río e voltar a Os Peares. (Yeyi)