<<--Caldebarcos - Lira <<Praia de Carnota>> 9 Km Yeyi e Xabier (2/05/09)
Esta rota percorre a impresionante praia de Carnota (7,5 km) e remata en Lira empatando coa primeira rota. Se acompaña o tempo pódese facer camiñando descalzos pola auga, de feito para poder cruzar o río hai que meter medio corpo na auga, a non ser que se queira volver saír a estrada. Pero merece a pena andar escoitando o ruxido do mar, e sentido as ondas romper con forza sobre a praia. O rematar a area unha pequena senda de pescadores percorre o camiño que nos falta para chegar ata Lira. (Yeyi)