<<-- Burbia - Refuxio Mostallar - Burbia <<Bierzo>> 14Km, Yeyi e Xabier (08/04/09)
Rota dos Lagos de Burbia e a o Mostallar. Neste caso só intento xa que as intensas nevadas caídas días anteriores e esta mesma noite, fan que o camiño sexa complicado aínda que a pesar da neve pódese chagar ata a base do Mostallar polo antigo “Camiño dos galegos” senda que se empregada antigamente para pasar de León a Galicia pola cumbres. A rota ten dúas partes moi distintas; a primeira por un doado e precioso camiño que transcorre xunto o río Burbia, rodeado por un frondoso bosque con variedade de árbores destacando os castaños, os robles e sobre todo os acivros. Seguimos camiñando se atopamos unha segunda parte con máis pendente pero non menos atractiva na que ríos, fervenzas e pedras van debuxando o camiño de subida ata a cabaña que se atopa preto dos lagos. (Yeyi)