<<--A Guarda - Baiona << Pontevedra>> 33,5Km Diego, Yeyi e Xabier (03/10/09)
Se non fora pola lonxitude poderiamos dicir que esta ruta é un paseo, non ten dificultade, transcorre todo o tempo por pista e camiños de ferradura e ata a subida dende A Guarda faise levadeira. O mellor: as vistas, temos toda a costa dende o Tegra ata Baiona na nosa disposición, e as veces que o camiño perde a liña do litoral o faino por unha paisaxe de monte bastante coidada (agás as zonas que sufriron os incendios de 2003). (Yeyi)