A aldea de Vilamor chama a atención pola súa boa conservación e porque é unha das máis habitadas da zona, o mesmo ocorre con Froxán, tanto unha como a outra teñen xente emprendedora que está a rehabilitar as súas casas tendo unha boa oferta de turismo rural. Nesta ocasión o camiño percorre sempre a marxe dereita do río Lor, pero según avanzamos cambia a paisaxe, deixamos atrás a biodiversidade do bosque típico do Caurel para atoparnos con grandes extensións de piñeiros, ata chegar por unha ancha pista forestal ata o Souto de Paramedela, pouco despois desviarémonos por outra pista que nos levará ata Salcedo. (Yeyi)