Tramo do Camino Natural del Interior, que recupera o percorrido da Vía Nova romana. Aínda que a ruta comenza con asfalto, isto cambia cando nos achegamos ao regueiro do Olivedo, onde transcorre por un estreito camiño que baixa ata unha ponte para atravesalo, despois o camiño continúa sempre seguindo o río Sil pero elevado permitindo ter unha boas vista sobre o encoro e o río.