Ruta comeza cunha pronuncida baixada dende o refuxio de Góriz ata o Circo de Soaso. Dende alí parte unha senda con suave ascenso que vai pola vertente esquerda do val, pola Faja de Pelay, atravesando un frondoso bosque. Durante todo o percorrido as vistas son estupendas: o Val de Ordesa , o Circo de Cotaruelo, Monte Perdido, Brecha de Rolando, etc. A ruta remata cunha pronunciada baixada ata a Pradera de Ordesa, por un camiño bastante deteriorado. (Yeyi).