Esta ruta une as localidades de Parada de Sil e Luintra, aproveitando, en parte e sempre que se pode o percorrido do antigo GR-56 Transourensán. As principais dificultades as atopamos no municipio de Parada de Sil xa que, en primeiro lugar temos que abandonar o pobo pola estrada ata atopar os primeiros sinais de GR, moi deteriorados e por camiños abandonados, para solventalos tivemos que aproveitar o cortalumes da liña de alta tensión ata o lugar de O.Couto. No municipio de Nogueira de Ramuín a situación cambia totalmente, atopándonos os sinais novos e ben localizados coincidindo en parte, que non sempre, coa ruta do Camiño Real. Dende o Mosteiro de Santo Estevo aproveitamos os sinais do PR-G 71 para achegarnos a Luintra. A pesar das dificultades iniciais, a ruta é moi recomendable, a paisaxe é magnífica xa que percorremos gran parte do canón do Sil por vellos e empedrados camiños entre inmensos e antigos soutos que ademais están moi ben conservados, xa que seguen sendo traballados. (Yeyi