Fermosa ruta que percorre o municipio de Parada de Sil, por carreiros, camiños de carro ou por uns ben conservados camiños empedrados, entre muros de pedras con espeso musgo e unha abundante alfombra de follas. Todo isto acompañados pola impresionante vista do canón do Sil que se pode contemplar entre antigas viñas e vellos soutos e carballeiras. Ademais a ruta está moi ben sinalizada o que nos permite dedicar todo o tempo a gozar da paisaxe. (Yeyi)