Ruta circular que parte do pobo de Robles de Laciana. Nesta ruta podemos distinguir dúas partes, a primeira sobe ata base do Pico Muxivén, pasando pola Braña de Robles, percorre carreiros que atravesan espesos bosques e antigos camiños que amosan o valor económico que tiñan estas brañas; a segunda parte, baixa ata o pobo por unha ancha pista que atravesa unha mina, perdendo o encanto do primeiro tramo pero permitindo unhas magníficas vistas. (Yeyi)