Antigo PR que ten cambiado de percorrido debido as pistas dos aeroxeradores (moita pista, a verdade, pero con moi boas vistas). Totalmente distinta é a segunda parte, xa dende cercanía ao Mosteiro cóllese un antigo camiño empedrado. Dende alí e ata Viduedo, a ruta vai por un precioso camiño, rodeado de castiñeiros e carballos.