Ruta homologada e moi ben marcada, doada de andar , só un par de pendentes curtas. Destaca a variedade de vexetación, carballos, sobreiras, piñeiros, érbedos (pero atopamos eucaliptos na zona máis alta e acacias nas proximidades das poboacións, pena), que forman densas fragas que aínda conservan preciosos camiños vellos. Pódese facer completa, pero nós optamos percorrela en dous bucles, unidos pola variante PR-G 186.1.