Esta ruta é a 1º parte do PR G-162, sendo aproximadamente a metade da ruta completa, transcorre polo concello de O Saviñao, sempre seguindo a ribeira esquerda do Río Miño e as súas espectaculares vistas. O percorrido pasa entre os viñedos colocados en socalcos, pero tamén entre soutos e carballeiras, por vellos camiños empedrados, camiños reais e ata un anaco de calzada romana; todos eles moi cómodos de facer aínda que con constantes subidas e baixadas. Destacan as vistas dos meandros do río como o chamado “O cabo do mundo”.(Yeyi)