Ruta que aproveita antigos camiños e sendas forestais para unir estas dúas poboacións. No concello do Incio coincide unha parte coa chamada Ruta do ferro, xa entrando na zona do Caurel o camiño alterna entre as zonas despexadas con magníficas vistas e os seus característicos soutos.