Ruta de aproximación ata Castro Laboreiro, transcorre por vellos camiños e pistas e aproveita un pequeno tramo da Grande Rota da Travessia da Ribeira Minho. Dende ese punto, hai que seguir as vellas marcas dun antigo GR que unía a Peneda con Castro Laboreiro, está abandonado pero pódese seguir os sinais e os fitos con facilidade.