A ruta ten que comenzar en Lusio e non en Oencia xa que a ponte que unía as dúas poboacións perdeuse hai anos por causa dunha riada e non foi reposta. A ruta transcorre na súa totalidade por pistas de montaña, doadas de andar e con estupendas vistas.