Etapa longa e con bastante desnivel de subida e baixada, pero cunha paisaxe de extraordinaria beleza. A pesar de ser unha etapa exixente, non resulta tan dura como aparenta, a forte subida ata as antigas minas de Liat faise por un camiño en zig-zag, ben trazado, que nos vai elevando entre árbores, barrancos, fervenzas e regatos ata o collado de Güerri. Dende alí, a baixada faise doadamente por unha pista (quizais demasiada pista) seguindo o trazado do río Rojo, sorprendente polos seus meandros e a súa cor.
Esta ruta trancorre, case na súa totalidade, polo GR 211 e, xa na baixada polo PR-C 112. (Yeyi).