Ruta algo longa pero doada que atravesa o Parque Nacional de Aigüestortes. Parte do Lago San Maurice e tras uns kilómetros de subida ata o Portarró d´Espot o camiño comeza unha cómoda e prolongada baixada que vai sempre acompañado pola auga: fervenzas, lagos, ríos, regatos e meandros que xustifican e nome do parque. (Yeyi)