Quitando a pronunciada baixada do principio, a ruta non ofrece ningunha dificultade, ademais é un deses camiños que tería que facer todo o mundo algunha vez, para tomar conciencia do grandioso da natureza. Atravesar Ordesa permítenos contemplar unha espectacular paisaxe que xustifica sobradamente a súa sona. (Yeyi)