Preciosa ruta que baixa dende o porto da Ragua ata Laroles, o percorrido transcorre por unha senda que vai pendendo altura pouco a pouco, serpenteando a media ladeira, subindo e baixando só cando ten que pasar algún río. Por causa das chuvias hai un pequeno desprendemento pouco antes de chegar á Posada do Arrieros, hai unha corda e un aviso de baixada perigosa, pero é moi pequena e resulta moi doada. (YEYI)