<< Etapa 3, GR 71 Tudanca - Pejanda, 14 Km (07/08/14). Yeyi e Xabier

Esta ruta ten dúas partes diferenciadas, a primeira é unha prolongada subida por pista cementada ata alcanzar o chamado “Camino del Potro”. A segunda é a baixada polo val de Polaciones por un camiño empedrado que despois se transformará en pista cementada e estrada ata chegar a Pejanda.