Ruta circular que parte de Silleda, nun primeiro momento pola estrada pero despois por pistas entre campos e árbores ata enlazar coa bonita ruta da Fervenza e o Mosteiro de Carboeiro. Para a volta vólvese a aproveitar as pistas rurais ata que, xa chegando a Silleda, as enormes instalacións do Parque Ferial, obriga, novamente a facer un bo anaco de asfalto.(Yeyi)