Ruta que comunica Cangas de Narcea coa localidade de Moal, na entrada de Muniellos. O percorrido resulta doado xa que transcorre na súa totalidade polas pistas de montaña do cordal da Sierra del Pando subindo ata o pico Peña del Cuervo. Ata preto de Posada de Rengos coíncide co percorrido do GR 203, dende alí tomamos un camiño ata Ventanueva e ao final un pequeno tramo de estrada ata Moal. (Yeyi)