Impresionante ruta de alta montaña, sen ningunha dificultade técnica (existe un paso por unha fervenza axudados por unha cadeas, pero resulta doado). A ruta comenza en Bujaruelo, na ponte sobre o río Ara, dende alí vai acendendo pouco a pouco, por unha bonita senda entre vexetación e prados, ata o Porto de Bujaruelo. Dende alí, xa en Francia, parte un sendeiro na base do Taillón que nos leva ata o Refuxio de Sarradets, enclavado no espectacular Circo de Garvernie. (Yeyi)