Ruta circular que ascende ata as lagoas partindo do centro de interpretación de Tablizas (hai que pedir autorización para poder facela). O camiño comenza cn forte pendente por unha senda entre carballos e máis adiante seguirá por un bosque de acivros ata chegar as lagoas de orixe glaciar. A paisaxe é impresionante. A volta comenza por un sendeiro que coincide cun regueiro que atravesamos varias veces por medio dunhas pequenas pontes, rodeados por un explendido bosque de ribeira; segundo baixamos o camiño vai perdendo pendente ata convertirse nunha pista paralela ao río Muniellos. (Yeyi)