A ruta parte Ibias polo PR.AS-26 Pallozas de Santiso, ruta que hai que abandonar máis adiante, para unila, por medio de pistas co PR.AS-27 Desfiladero de Bustelín, preciosa ruta que transcorre por un estreito sendeiro sobre o profundo e estreito desfiladeiro do río Bustelín que nos achega a aldea de Riodeporcos e dende alí á Ponte Colgante sobre o río Navia, fronteira entre Galiza e Asturies.